O Paiosaco perde o derbi na casa fronte ao Fisterra (1-2)


Este mércores xogouse o encontro da décimo quinta xornada da Terceira División, no cal se enfrontou o Paiosaco-Hierros ao Fisterra na Porta Santa. O Paiosaco-Hierros, aínda que comezou marcando primeiro por mediación de Eiroa, non foi quen de mellorar o seu rendemento no campionato tras empatar o último partido disputado fronte ao Somozas. O Fisterrra non se veu abaixo co resultado adverso no marcador e pasados catro minutos Marcote empataba o partido tras un rexeite dun balón na área e que tamén sería o encargado de darlle a volta ao marcador pouco antes do descanso. O Paiosaco tentouno, pero o rival tamén estivo moi serio en defensa e o marcador xa non se movería. Con este resultado final de 1-2, o equipo larachés segue último na táboa con 10 puntos e o Fisterra colle algo de aire con 16.