O Paiosaco perde pola mínima na casa do Viveiro 2-1

1 minutes read
  • O Bergantiños pódese ver beneficiado da goleada que lle endosou ao Somozas este domingo o Polvorín FC (1-4).

O UD Paiosaco-Hierros viaxou este domingo a terras do norte de Lugo para medirse ao Viveiro en partido correspondente á xornada 16 de Terceira División Grupo 1. O encontro contou con dúas metades moi diferenciadas onde o Viveiro dominou claramente no primeiro tempo, aproveitando os erros do rival para endosarlle dous goles, un de Javi Rey e outro de Nico. Con 2-0 chegouse ao descanso, a partir de aí o Viveiro relaxouse co marcador a favor, momento que aproveitou o Paiosaco para centrarse na contenda, marcou Edu Días tras un saque de falta lateral. O encontro non daba para máis e o Paiosaco cultivaba unha nova derrota, 2-1.