O Paiosaco regresa a Terceira RFEF

rfgf.

A UD Paiosaco xogábase a vida este domingo na Porta Santa ante o Betanzos, tras a boa dinámica dos últimos partidos do ‘playoff’ de ascenso de Preferente Autonómica, se gañaba este partido regresaba a Terceira RFEF un ano despois, e así foi. O equipo larachés fixo un gran partido, consciente da importancia da vitoria, e endosoulle un 3-0 ao seu rival. Os goles foron obra de Adrián, Cristian e Álvaro.