O Pantano acollerá en febreiro un completo showroom para vodas e comuñóns

1 minutes read

As instalacións do Restaurante O Pantano, en Orto, San Román, (Abegondo) acollerán no mes de febreiro unha nova edición, a oitava, do Showroom Vodas e Comuñóns que organizan desde a dirección do restaurante.

A cita está prevista para o sábado 3 e o domingo 4 de febreiro, desde as 11.00 e ata as 20.00 horas e con entrada gratuíta. Empresas de todos os sectores estarán alí presentes para ofrecer aos visitantes os seus servizos e novidades para a nova tempada.

Entre os participantes poderemos atopar compañías de seguros, alugueiro de coches, detalles, discotecas móbiles, axencias de viaxes, planificadores de eventos, flores, complementos, imprentas, fotografías e, por suposto, firmas dedicadas á moda para ocasións especiais.