38
O papa Francisco revelou este domingo nunha entrevista que asinou a súa renuncia en caso de impedimento médico hai máis de 9 anos cando o cardeal italiano Tarcisio Bertone era o Secretario de Estado do Vaticano antes de que lle substituíse Pietro Parolin o 15 de outubro de 2013. Francisco apareceu en numerosas ocasións en cadeira de rodas, debido a unha doenza no xeonllo que lle dificulta a mobilidade.
«Eu xa asinei a miña renuncia. Era Tarcisio Bertone o secretario de Estado. Eu asineina e díxenlle: En caso de impedimento por cuestións médicas ou que sei eu, acá está a miña renuncia. Xa a teñen. Non sei a quen lla deu o cardeal Bertone, pero deilla cando era secretario de Estado», declarou este domingo o Papa.