O papa Francisco acreditou «coñecemento e simpatía» polo pobo galego

1 minutes read

Fíxoo na audiencia ao presidente da Xunta e ao arcebispo de Santiago que tivo lugar este luns no Vaticano. Durante o encontro, Alberto Núñez Feijóo e Julián Barrio volveron agradeceronlle ao Santo Pai o privilexio de poder facer un Ano Santo bianual, e convidaron o pontífice a visitar Galicia, manifestando a súa «esperanza» de que a viaxe poida ter lugar no vindeiro ano. Ambos falaron do avance da vacinación e das medidas preventivas. Tamén do seguro para persoas infectadas durante a peregrinaxe, co obxectivo de ofrecer garantías para poder abrir os camiños de Santiago malia o coronavirus. “Facer o Camiño de Santiago é seguro e espero e desexo ver ao Papa peregrinando a Santiago no ano 2022, sería sen dúbida a mellor noticia que poderían recibir os galegos” subliñou o presidente da Xunta.