O papa Francisco afirmou nunha entrevista que os homosexuais deben estar protexidos por leis de unión civil.
«As persoas homosexuais teñen dereito a estar nunha familia. Son fillos de Deus e teñen dereito a unha familia», asegurou o pontífice nunha das declaracións máis claras realizadas sobre este tema desde que accedeu ao papado.
«Ninguén debe ser expulsado ou sentirse miserable por iso», dixo o papa Francisco nesa entrevista que forma parte dun documental presentado no Festival de Cine de Roma, realizado por Evgny Afineevky titulado ‘Francesco’.
As palabras do Papa chegan despois dunha longa viaxe da Igrexa ao respecto. Esas declaracións de Francisco non están dirixidas a Italia e á súa lexislación, senón ao mundo. O seu é un discurso amplo que quere sensibilizar á Igrexa.