O papa Francisco cancela a súa axenda por un ‘estado gripal’

O papa Francisco cancelou a súa axenda prevista para este sábado por mor dun «lixeiro estado gripal», segundo anuncia o Vaticano. O Papa tiña previsto un encontro co presidente de Guinea-Bisau, Umaro Sissoco Embalou, que quedou anulado, pero os seus compromisos dos próximos días mantéñense, incluída a viaxe a Dubai do venres 1 de decembro para o cume COP-28 sobre o cambio climático. Así mesmo, o 28 de novembro ten previsto acudir á reunión dos bispos da Conferencia Espicopal Española no Dicasterio para o Clero no Vaticano, e un día antes, o 27, recibir en audiencia o presidente do Paraguai, Santiago Peña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha