O papa Francisco hospitalizado e operado por un problema de colon

1 minutes read

O papa Francisco ingresou este domingo no hospital policlínico Gemelli de Roma onde o someteron a unha intervención cirúrxica programada para unha «estenose diverticular sintomática do colon», tal e como informou o Vaticano.
É a primeira vez que o papa é ingresado por un problema grave de saúde desde a súa elección en 2013. Parecía estar en boa forma só horas antes de que se comunicara a noticia durante a oración do angelus este domingo ante milleiros de fieis desde a praza de San Pedro. Á parte da ciática que lle xera algunha dor nas pernas ao camiñar, o papa gozou ata o de agora de boa saúde durante os seus anos de pontificado.