O papa Francisco pediu unha «oración especial» por Bieito XVI, cuxa saúde é extremadamente débil, segundo apuntou ao termo da súa audiencia xeral este mércores. «Está moi enfermo. Pidamos a Deus que o console e o sosteña no seu testemuño de amor á igrexa ata o final», sinalou o pontífice. «Gustaríame pedirlles a todos unha oración especial para o papa emérito Benedicto, quen, en silencio, está a soster a Iglesia», engadiu.
O papa fixo esta declaración sorpresa sen revelar máis detalles sobre o estado de saúde do papa emérito. Posteriormente, anunciaron que a saúde de Bieito XVI empeorou « de forma repentina».
O alemán Joseph Ratzinger, de 95 anos, converteuse en 2013 no primeiro papa en renunciar en 600 anos. Desde entón, vive retirado da vida pública no convento Mater Ecclesiae no interior da Cidade do Vaticano. De feito, o papa Francisco visitouno alí tras pedir a oración por el, segundo confirmou a Santa Sé.
O anuncio do estado de saúde de Bieito XVI non só xerou alarma na Igrexa católica. En Alemaña, o seu país natal, o goberno sinalou que seguen «as informacións sobre o seu estado de saúde» e confían «na súa recuperación».