O Papa Francisco realizou o lavatorio de pés de Xoves Santo nun cárcere de Roma

1 minutes read

O Papa Francisco participou en todos os oficios relixiosos do Xoves Santo, e, como é tradición, lavou e bicou os pés de doce rapaces nun cárcere de Roma. Algúns eran maiores de idade, dúas eran mulleres e tamén había entre eles un de relixión musulmá. 
O pontífice ten problemas no xeonllo pero non se tivo que agachar. Para evitalo colocaron o banco onde estaban os rapaces nunha tarima. Así Francisco, puido imitar o xesto que Cristo realizou cos seus discípulos o Xoves Santo. Antes de facelo o papa falou cos 12 mozos, e díxolles que  Deus os ama a pesar do que sexa que tiveran feito no pasado.
A pesar da idade e de que a semana pasada estivo no hospital, polo momento o Vaticano confirma que Francisco estará presente no resto de celebracións litúrxicas do triduo pascual e do Vía Crucis.