O papa Francisco reclama en Iraq «que as mulleres sexan respectadas e protexidas»

A situación da muller en Iraq é especialmente difícil e sofre sucesivas degradacións con medidas gobernamentais cada vez máis restritivas onde a obrigación de cubrirse a cabeza é a menor delas. Sen dereito ao divorcio, co mantemento do matrimonio forzado de nenas non hai avances senón retrocesos no goberno de Bagdad, denunciados por Ongs e grupos de defensa da muller no interior do país.

Con motivo da celebración este luns do Día Internacional da Muller, o papa Francisco fixo unha mención especial ás mulleres na súa vista a Erbil, o kurdistán iraquí, onde ademais se multiplicaron os casos de secuestros e asasinatos por parte do chamado Estado islámico.

«Que as mulleres sexan respectadas e protexidas. Que se lles mostre respecto e se lles déan oportunidades», matizou Francisco. O papa reivindicou así mesmo «a capacidade de perdoar, pero tamén o valor de non renderse». Dedicoulle un inequívoco «non» ao terrorismo e á «instrumentalización das relixións».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha