O papa Francisco renunciou a ler o seu discurso este sábado por motivos de saúde

Non é a primeira vez que o papa ten que renunciar á lectura do seu discurso e nos últimos días aludiu á persistencia dun «arrefriado». «Alégrome de verlles. Non me recuperei e por iso non podo ler ben a miña mensaxe. Farao monseñor Ciampanelli. Grazas», explicou ao comezo da audiencia na aula Pablo VI do Vaticano, onde recibiu este sábado o persoal e pacientes do hospital pediátrico vaticano Bambino Gesù, un dos hospitais pediátricos de referencia en Europa que este ano celebra os seus cen anos como propiedade da Santa Sé. Francisco tamén bendixo as persoas doentes e as súas familias, e mesmo asinou autógrafos escribindo a letra «F» sobre o papel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha