O Papa pide que se superen os atrasos na distribución das vacinas

1 minutes read

O papa Francisco instou á comunidade internacional a «un compromiso común para superar os atrasos» na distibución das vacinas do coronavirus e a «promover o seu reparto, especialmente nos países mais pobres». Fíxoo na mensaxe de Pascua, que pronunciou desde o interior dunha basílica de San Pedro baleira. Asegurou que as vacinas son unha ferramenta esencial na loita contra a covid. Pediu expresamente un compromiso para internacionalizar as vacinas ante os pouco máis de 200 fieis presentes. Criticou que é escandaloso que, malia a situación de pandemia, os conflitos armados non cesan e os arsenais militares refórzanse. Lembrou que a situación actual incrementou drasticamente o número de pobres e a desesperación de milleiros de persoas, polo que pediu que «o Señor guíe a actuación das autoridades».