O papa pide rezar pola paz en Ucraína e Oriente Medio

1 minutes read

O Papa Francisco pediu rezar pola paz en Ucraína e Oriente Medio durante a tradicional oración do Ángelus o 1 de xaneiro.  A Igrexa adica este primeiro día do ano á Virxe María e por eso adicou a súa mensaxe do Ángelus este luns ás mulleres e ás nais. O papa afirmou que «o amor nunca asfixia» e que é contrario a «toda forma de posesión ou abuso». Antes, o papa presidiu unha misa solemne na Basílica de San Pedro, con motivo da 57.ª Xornada Mundial da Paz o día de Aninovo, nesta edición adicada aos riscos da Intelixencia artificial.