O Papa recibiu en audiencia a Pedro Sánchez


O Papa recibiu a Pedro Sánchez en audiencia durante uns corenta minutos na súa biblioteca particular, na que falaron de educación, migracións e cambio climático. O Pontífice realizou unha intervención pública de varios minutos, algo infrecuente nestes casos. Acompañaban a Sánchez a súa esposa e a embaixadora española na Santa Sé, Carmen de la Peña. O pontífice dixo que a patria debe ser territorio “do dereito e da xustiza” e referiuse a cal ha ser o obxectivo dos políticos:”Construír a patria é o que eu diría neste caso. Se para o país facelo progresar, coa nación consolidala e coa patria temos que construír… construír a patria con todos” O Papa Francisco falou do ascenso do nazismo a partir do ano 1933 e alertou sobre o drama das patrias inventadas por unha ideoloxía:”As ideoloxías sectarizan, as ideoloxías deconstrúen a patria, non constrúen. Aprender da historia”. Rematou o Pontífice sinalando literalmente que “é moi triste cando as ideoloxías se apoderan da interpretación dunha nación ou dun país”.