O Papa recibiu en audiencia a Pedro Sánchez

O Papa recibiu a Pedro Sánchez en audiencia durante uns corenta minutos na súa biblioteca particular, na que falaron de educación, migracións e cambio climático. O Pontífice realizou unha intervención pública de varios minutos, algo infrecuente nestes casos. Acompañaban a Sánchez a súa esposa e a embaixadora española na Santa Sé, Carmen de la Peña. O pontífice dixo que a patria debe ser territorio «do dereito e da xustiza» e referiuse a cal ha ser o obxectivo dos políticos:»Construír a patria é o que eu diría neste caso. Se para o país facelo progresar, coa nación consolidala e coa patria temos que construír… construír a patria con todos» O Papa Francisco falou do ascenso do nazismo a partir do ano 1933 e alertou sobre o drama das patrias inventadas por unha ideoloxía:»As ideoloxías sectarizan, as ideoloxías deconstrúen a patria, non constrúen. Aprender da historia». Rematou o Pontífice sinalando literalmente que «é moi triste cando as ideoloxías se apoderan da interpretación dunha nación ou dun país».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha