O papel dos voluntarios de Protección Civil é vital no Camiño de Santiago

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou a aposta da Xunta por velar pola seguridade dos peregrinos que percorren os distintos traxectos do Camiño de Santiago, a través dun plan de protección civil de atención ao peregrino para garantir unha peregrinaxe segura mediante o apoio ante as posibles situacións de emerxencia nas rutas xacobeas.

Así o sinalou no Parlamento galego durante a resposta a unha pregunta parlamentaria na que anunciou que este plan adaptarase de cara ao Xacobeo 2021, en consenso coas entidades locais e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), para ter en conta os riscos derivados do coronavirus.

Santiago Villanueva destacou a colaboración constante e fluída coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comunidade, que considera un piar fundamental para fomentar un Camiño seguro e sustentable.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha