0
Así o confirmou o presidente de Paradores, Oscar López Águeda, nunha entevista que mantivo en Madrid co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Ambos falaron sobre as boas previsións de ocupación que está a rexistrar o novo Parador da Costa da Morte, que xa conta con 6.000 reservas para este ano, segundo confirmou o presidente de Paradores. O presidente provincial lembrou que a Deputación “achegou tamén o seu grao de area” para a posta en funcionamento do Parador coa ampliación, recentemente rematada, da estrada provincial DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa, que dá acceso á infraestrutura e que supuxo un importante investimento de máis de 700.000 euros.