O Parga xa ten canción do verán 2020

Ano tras ano O Parga, alias O Tio Pio, ofrécenos unha canción fiel ao seu estilo e oficialmente bautizada como a «canción do verán», polo que, este ano non podía ser menos. Xa en febreiro adiantábanos a maqueta prototipo desa canción, que agora xa é oficial e xa ten videoclip en Youtube, gravado este venres no café bar Sempre Sae o Sol de Ponteceso. En concreto o tema musical é unha cumbia moi estival que promociona a festa, as verbenas, a Mikaela e o bo rollo. O certo é que che convidamos a que a escoites e a bailes, ritmo non lle falta a… «La Naranjita».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha