O Parlamento celebra este martes a sesión de apertura da XI Lexislatura

1 minutes read
  • O presidente da Cámara, Miguel Santalices, dará lectura a unha declaración institucional que supón o arranque formal do traballo ordinario no Pazo do Hórreo.

Trátase dun trámite protocolario previo a que empecen os labores propios do período ordinario na Cámara galega, en cuxo hemiciclo sentan nesta lexislatura, marcada pola pandemia, tres grupos: o PPdeG, con 42 deputados; o BNG, con 19; e o PSdeG, con 14. As normas parlamentarias recollen este acto formal, que debe celebrarse nalgún momento nos 15 días seguintes á constitución do pleno. Así, quedará activada a Cámara de forma case paralela ao noveno Executivo de Alberto Núñez Feijóo, cuxos conselleiros tomaron posesión este luns.