O Parlamento demanda ao Goberno central a buscar unha solución que reactive Alu Ibérica na Coruña

1 minutes read

O Parlamento de Galicia aprobou a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que se implique activamente, co Goberno galego e cos traballadores, en atopar unha solución que permita reactivar a actividade da planta de Alu Ibérica en A Coruña da man dun socio industrial que presente un proxecto sólido e viable que dea continuidade aos empregos. Ademais, pídese a mediación da ministra de Traballo e Economía Social para evitar que o ERTE actualmente vixente poida terminar con recolocacións ou despedimentos.

No debate desta proposición non de lei, no que tamén se solicita ao Goberno central que aplique todos os instrumentos ao seu alcance para garantir un prezo eléctrico competitivo e estable para toda a industria electrointensiva, o viceportavoz popular, Miguel Tellado, explicou que esta iniciativa “xurde da última reunión que desde o PPdeG mantivemos cos membros do Comité de Empresa de Alu Ibérica o pasado 24 de xaneiro”.

“Chegamos ata a situación na que os traballadores están nun momento de incerteza total sobre o seu futuro e reclaman solucións xustas que garantan os seus postos de traballo e a viabilidade industrial da planta”, manifestou o viceportavoz popular.