O Parlamento Europeo aproba dúas leis para protexer aos cidadáns na rede

«O que é ilegal ‘offline’ tamén o será en liña». Con este lema, o Parlamento Europeo aprobou dúas leis crave para protexer aos cidadáns na rede.

A primeira é a lei de Servizos Dixitais, e grazas a ela provedores como Facebook ou Google terán agora un papel máis destacado na identificación e neutralización de contidos ilegais. Tamén se prohibirán determinados tipos de anuncios dirixidos, como os orientados aos nenos. A segunda lei é a de Mercados Dixitais, que poñerá fin aos abusos de posición dominante dos xigantes deste sector, así como ás súas prácticas anticompetitivas.

As dúas leis forman parte dos esforzos europeos por regular Internet, que o comisario de Mercado Interior, Thierry Breton, chegou a definir como unha especie de «salvaxe oeste». O Parlamento Europeo lembra como esta lexislación, pioneira a nivel mundial, podería inspirar ao resto de países a seguir o exemplo. Espérase que a leis entren en vigor en 2023.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha