O Parlamento Europeo aproba o Brexit

2 minutes read

Axitando bandeiras británicas, os euroescépticos lograron dar o seu último golpe de efecto na Eurocámara. Pero xa está. Despois de anos de controversia, o Parlamento Europeo votou abrumadoramente a favor do Acordo de saída, dando así o visto e prace definitivo ao Brexit.

O resultado foi 621 votos a favor, 49 en contra e 13 abstencións. «Aos nosos colegas británicos, que sempre achegaron enxeño, encanto, intelixencia… algúns de eles… Só podo dicirlles que lles botaremos de menos», declarou Guy Verhofstadt, eurodeputado belga do grupo Liberal. Para algúns dos 73 eurodeputados que perderán os seus traballos nun par de días, foi un momento surrealista. «Foi estraño durante bastante tempo, pero hoxe sente con crueza. Un podería lidar co Brexit á súa maneira, pero cando tes colegas que se achegan a ti para despedirse con bágoas nos ollos, é moi difícil manterse enteiro», explicou Seb Dance, eurodeputado británico do grupo Socialista.

Pero para outros é un momento de celebración. «Mire o que está a suceder, a democracia prevaleceu. O home plantou cara á institución. A xente dixo que quería abandonar a Unión Europea e está a suceder. É un logro histórico incrible», afirma Alexandra Phillips, eurodeputada británica, do grupo dos Verdes. No Parlamento Europeo viviuse unha xornada intensa e chea de emocións. A frase que máis se escoitou era: «está a suceder realmente». Algo difícil de crer despois de tantos anos dándolle voltas.

Trátase sen dúbida de momento histórico xa que é a primeira vez que un Estado membro abandona a Unión Europea. Pero algúns tamén expresaron a súa preocupación ante as dificultades que poderían xurdir. «Cando salgamos da UE, sei de certo pola miña experienda como responsable de Xustiza na Asamble de Irlanda do Norte, que haberá moitos problemas para seguir cooperando, para atopar solucións e para crear estruturas alternativas xa que durante moito tempo dependeron da Unión Europea.

Será un proceso longo», comenta Naomi Long, eurodeputada británica do grupo Liberal. Os eurodeputados despedíronse collidos da man e cantando o Valse das Velas. Non faltaron as bágoas e moitos insistiron en que isto non é un adeus, senón un ata a vista. Tecnicamente o Brexit xa é unha realidade inevitable, pero a historia das negociacións está realmente lonxe de terminar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?