O Parlamento Europeo aproba o certificado dixital COVID

0 minutes read

O Parlamento Europeo aprobou o certificado dixital do coronavirus para permitir aos viaxeiros verificar cal é a súa situación sanitaria. O tamén coñecido como “pasaporte” COVID, saíu adiante por 546 votos a favor, 93 en contra e 51 abstencións. Supón un novo paso no proceso lexislativo para que este documento entre en vigor o 1 de xullo. O certificado dixital COVID permitirá saber se o cidadán está vacinado, se superou a enfermidade ou se ten unha PCR negativa. O obxectivo é que despegue a mobilidade dos europeos nesta tempada de verán.