O Parlamento Europeo declaraba este mércores a Rusia como un Estado «promotor do terrorismo» debido aos seus «ataques deliberados e as atrocidades cometidas contra a poboación» en Ucraína.
«A destrución de infraestruturas civís e outras violacións graves dos dereitos humanos e do dereito internacional humanitario constitúen actos de terror contra a poboación ucraína e crimes de guerra«, afirmou o Parlamento Europeo.
Pouco despois de tomar a decisión de designar a Rusia como Estado «promotor do terrorismo», a páxina web do Parlamento Europeo ha sufrido un ciberataque reivindicado por piratas informáticos rusos.
Mentres tanto Rusia segue bombardeando obxectivos civís na capital de Ucraína. Polo menos tres persoas perderon a vida e outras seis resultaron feridas como consecuencia os bombardeos lanzados este mércores polo exército ruso sobre Kiev
Polo menos tres persoas morreron e outras seis resultaron feridas. Ademais seguen os apagamentos masivos en toda Ucraína por causa dos bombardeos.