O Parlamento galego aproba os orzamentos para 2026

Foi con só o voto favorable da maioría parlamentaria do PPdeG e sen incluír ningunha das achegas propostas pola oposición a través de máis de 900 emendas. O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, en declaracións aos medios, dixo que se centran en «potenciar os servizos públicos, reforzar os investimentos, mantendo sempre o equilibrio orzamentario, reducindo a débeda e os impostos». A Lei de medidas fiscais e administrativas, coñecida como lei de acompañamento, tamén foi aprobada este martes cos votos a favor do PPdeG que, coa súa maioría absoluta, deu o visto e prace definitivo a esta norma pese ao rexeitamento dos grupos da oposición.

Con todo, a oposición votou en contra

O BNG afirmaba que estas contas son «insuficientes» en cantidade e «indiferentes ante os grandes retos deste país», dixo a deputada Noa Presas, quen recriminou que non se aceptou nin unha soa das 575 emendas do seu partido. «Son malos para Galicia», concluíu sobre os orzamentos.

O PSdeG lamentou que a Xunta crea que é «absolutamente infalible», xa que dese modo o único que están a demostrar é que «non queren escoitar» e volven ser «un motor de soberbia a lume de biqueira, pisando a fondo» para aprobar unhas contas públicas igual que cando entraron no Parlamento, incidiu o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro.

Related posts

USO y UGT se plantan en la sanidad pública gallega: movilizaciones sine die por la dignidad y la seguridad

Miles de persoas manifestáronse en Santiago contra a instalación de Altri en Palas de Rei 

Localizan dous dos cinco tripulantes dun pesqueiro portugués envorcado na desembocadura do Miño