O Parlamento galego aprobou os Orzamentos para o 2023


As contas públicas de Galicia para o ano 2023 recibiron o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 12.620 millóns de euros. A tramitación parlamentaria que marcou a axenda do pazo do Hórreo no último trimestre do ano serviu para que o proxecto inicial sumase á súa redacción final 12 emendas ao articulado, nove delas do PPdeG e tres do PSdeG -dúas íntegras e outra transaccionada- pero ningunha do BNG.

Un impulso baseado nunha política fiscal propia e previsible que aposta por baixar os impostos todo o posible; no reforzo constante e continuo dos servizos públicos, no endebedamento responsable e en máis reforzo no investimento produtivo.

Segundo o PP os presupostos de 2023 reforzan un ano máis o gasto social, é dicir, a sanidade, a educación, as políticas sociais, e o fomento do emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.368 millóns de euros (709M€ máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego.

Tamén inclúen un reforzo do investimento produtivo, de forma que o vindeiro exercicio, Galicia disporá de 2.772 millóns de euros para investimentos, un 8,5% máis que no 2022 co obxectivo de axudar a impulsar investimentos que aceleren a transformación do tecido produtivo.