O Parlamento galego pide medidas de apoio e estímulo económico para os autónomos

1 minutes read

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ampliar as medidas de apoio e estímulo económico dirixidas aos traballadores autónomos, ao tempo que se pide ao Goberno central que paralice a reforma do sistema de cotizacións dos autónomos para negociar esta modificación cos grupos políticos e representantes destes traballadores.

O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lembrou que en Galicia hai preto de 208.000 traballadores autónomos “que precisan de medidas dirixidas a garantir a súa continuidade e fortalecelos”. “Por iso, pedimos un plan de choque que dea continuidade ás medidas de estímulo para dar viabilidade e consolidar os proxectos empresariais, reducir a fiscalidade e abaratar os custos relacionados cos prezos da enerxía e dos carburantes”, concluíu.