O Parlamento instará á Xunta a traballar para acadar a homologación do Camiño dos Faros

A Comisión de Turismo do Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que constitúa unha Mesa de Traballo multilateral co fin de acadar a homologación do Camiño dos Faros, na que ademais do Executivo participen a Deputación da Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño dos Faros, a Asociación de Turismo Costa da Morte –ATCM-, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo. Segundo o socialista, Martín Seco, o obxectivo é conseguir a homologación e planificar o futuro dunha actividade que mobiliza ata 20.000 visitas anuais á Costa da Morte e Bergantiños.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha