O Parlamento solicita ao Goberno central que adecúe a xestión das cotas pesqueiras

1 minutes read

O Parlamento de Galicia aprobou a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adecúa e afine os modelos de xestión das cotas para evitar que existan paralizacións provisionais de especies fundamentais cando non sexan rendibles economicamente segundo os datos de consumo e que prexudican gravemente a frota galega.

A portavoz popular do Mar, Teresa Egerique, lembrou que hai unhas semanas “asistimos á adopción de medidas de xestión que xeraron malestar e tamén incredulidade entre a frota pola súa incongruencia e falla de coordinación”. En concreto, referiuse aos peches e reaperturas das pesquerías do bonito e do ollomol, cuxos datos de captura son transmitidos de forma electrónica e que xeran unha contabilización case automática, polo que os niveis de consumo das cotas se poden coñecer practicamente en tempo real.