O Parlamento turco di ‘si’ á entrada de Suecia na OTAN tras meses de bloqueo

1 minutes read

O parlamento de Turquía ratificou a entrada do país nórdico na Alianza militar. Con 287 votos a favor, 55 en contra e catro abstencións.

Durante máis dun ano o presidente turco Recep Tayyip Erdogan presionou co veto a Suecia para que prohibise unha serie de manifestacións de partidarios do proscrito en Turquía Partido dos Traballadores do Kurdistán, ou impedise provocacións como a queima de exemplares do Corán que provocaron a indignación en amplos sectores de países musulmáns. O presidente turco levantou a súa obxección á candidatura de Suecia durante un cume da OTAN en xullo do ano pasado e enviou ao parlamento en decembro o protocolo de adhesión para a súa ratificación.

Agora só falta que Hungría de luz verde a Suecia. O Primeiro Ministro húngaro Viktor Orbán convidou ao seu homólogo sueco, Ulf Kristersson, a Budapest para tratar as contraprestacións tras varias crises polas críticas suecas á degradación da democracia húngara.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?