O paro aumenta en España ata chegar aos 3,25 millóns de desempregados

Traballadores nun bar_PIXABAY
  • O paro aumenta nun 2,85 % respecto ao mes de decembro, con máis de 90.000 novos inscritos

España rexistrou un aumento do paro ao destruírse durante o mes de xaneiro 244.000 empregos, rexistrando o peor arranque do ano desde 2014.

O paro aumenta nun 2,85 % respecto ao mes de decembro, con máis de 90.000 novos inscritos, o que eleva o número de desempregados ata 3,25 millóns de persoas.

En termos interanuais, os números seguen en verde, cunha redución do paro do 0.97 %, pero este mes de xaneiro evidencia unha retardación da creación de emprego en España, que vén acompañada por sinais de arrefriado económico.