O paro baixa en 7.806 persoas durante o mes de febreiro, a cifra máis baixa desde 2008

Mujer trabajando en una oficina_PIXABAY

  • O número total de desempregados redúcese ata os 3.246.047

O paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego durante este pasado mes de febreiro reduciuse en 42.993 persoas respecto ao mesmo mes do ano anterior, cun ritmo de redución interanual do 1,31%.

Concretamente o paro baixou en 7.806 traballadores, polo que a cifra total de desempregados sitúase en 3.246.047, sendo o dato máis baixo de paro rexistrado en febreiro desde 2008.

O número medio de afiliados á Seguridade Social tamén alcanzou o pasado febreiro os 19.250.229, a maior cifra de ocupados rexistrada na serie dos meses de febreiro. Ademais, o sistema incorporou 85.735 persoas afiliadas (0,45%), polo que estamos ante o maior incremento neste mes desde 2015 (96.909).

Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Industria 2.259 (-0,81%), en construción en 4.819 (-1,82%), e en Servizos diminúe en 9.485 (-0,41%). Sobe en Agricultura en 2.855 (1,90%) e increméntase no colectivo Sen Emprego Anterior en 5.902 (2,31%). Con todo, o paro na agricultura descende en 3.318 traballadores, un 1,57% respecto a febreiro de 2019.

Respecto ao ano 2019, o paro baixa en dez comunidades, entre elas a Comunidade Valenciana (- 9.135), Galicia (-7.480) e Andalucía (- 6.595) mantense en dúas e crece nas cinco restantes.