O paro rexistrado nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en 27.027 persoas (-0,92%) no mes de outubro. Trátase da redución máis intensa neste mes na serie histórica nun período no que, habitualmente, aumenta o paro. Grazas á Reforma Laboral suavízanse os efectos dunha temporalidade ata o de agora moi acusada e consolídase, aos poucos, a estabilidade. O paro rexistrado sitúase nun total de 2.914.892, a cifra máis baixa nun mes de outubro desde o ano 2008. En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixa en 104.915 persoas. A cifra diminúe en todos os sectores económicos con diferentes intensidades respecto ao mes de setembro. Decrece fortemente en servizos, con 16.153 parados menos (-0,77%), baixa tamén en 11.351 parados (-8,47%) en Agricultura, 4.566 parados menos (-2%) na Construción e 551 (-0,23%) na Industria.
38