Nos supermercados xa comezan a escasear varios produtos como o aceite de xirasol e o leite, pero se o paro do transporte se alonga, poden faltar tamén polo, ovos e outros produtos de primeira necesidade. No caso do peixe tamén se está a notar o problema, hai menos variedade e hai puntos de venda como a praza da Coruña que teñen os postos practicamente desabastecidos.
Empresas coma a multinacional carballesa Grupo Calvo informou que a partir deste luns 21, se a folga continúa, terá que cesar a súa actividade de xeito temporal, polo que se verán afectados máis de 600 traballadores.
Na restauración preocupa que o paro continúe porque temen non poder atender as encargas xa pechadas. A Federación de Industrias Alimentarias recomenda tranquilidade e confianza aos consumidores, din que os provedores van responder, pero pídenlle ao Goberno que actúe.