O paro sofre a maior baixada da historia nun mes de agosto


O número de desempregados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) descendeu en 82.583 persoas ata os 3.333.915 parados, a maior caída para este mes desde que hai rexistros. “Unha gran noticia, que confirma que superamos o peor da crise”, destacou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na súa conta de Twitter. O dato contrasta co número de afiliados á Seguridade Social, que cae en 118.004 persoas ata os 19.473.724 cotizantes. Coas últimas rabexadas do verán e o fin da tempada turística marcada pola COVID-19 finalizan moitos contratos vinculados á estación estival polo que agosto é tradicionalmente un mal mes para o emprego, pero que este ano se reverteu.