O parque da Alameda acolle a exposición fotográfica “Compostela, un ano de Voz”

Asistentes á apertura da exposición_Fonte:santiagodecompostela.gal

  • A exposición é un resumo do ano 2019 a través de 80 imaxes e poderá verse ata o 15 de febreiro

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muiños, asistiron este venres á inauguración da exposición fotográfica “Compostela, un ano de Voz”. No acto tamén estaban presentes membros dos distintos grupos da Corporación Municipal: Alejandro Sánchez-Brunete, Ramón Quiroga e José Antonio Constenla polo PP; Martiño Noriega por Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín e Navia Rivas polo BNG.

Son un total de 80 imaxes, en gran formato, que resumen o que foi o 2019. Un relato fotográfico que se poderá contemplar ata o 15 de febreiro.

A mostra, que leva expóndose desde o ano 1998, está organizada por La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, o Consorcio da Cidade, e a Xunta.