O Parque de Bombeiros de Cee tivo que pechar temporalmente tras case 17 anos de servizo

1 minutes read
  • O paro a nivel autonómico afecta os centros de Cee, Santa Comba e Carballo, que suman un total de 54 profesionais.

Este luns o Parque de Bombeiros da Costa da Morte con base en Cee quedou inoperativo por falta de persoal debido á folga. Cabe analizar que este servizo é primordial, aínda que moitas veces o seu traballo «na sombra» nos se perciba, os profesionais que ahí traballan sempre están operativos, preparados e dispostos para actuar cando se presenta calquer tipo de emerxencia que lles compete, chegando a salvar vidas.

Agora, con esta situación, os case 40.000 cidadáns que atenden (que no verán dóbranse) quedan sen servicio de extinción de incendios, rescate e salvamento propio e pasarán a ser atendidos polos bombeiros de Santa Comba aumentando considerablemente o tempo de resposta, con sorte, nuns 45 minutos, sempre e cando non estean ocupados noutro sinistro pois xa teñen de por sí uns cuantos concellos propios que atender.
«Despois de case 17 anos de servizo é a primeira vez que non habrá ninguén no interior da nosa base para coller o teléfono.
Esperemos que non pase nada grave, pero non poder xuntar a só 3 persoas para unha garda da moito que pensar», afirma un dos afectados.