O parque do centro cívico de Arteixo será cuberto


O Concello licitará por 323.000 euros unha cuberta para o parque infantil situado a carón do centro cívico, para o que xa existe proxecto constructivo. Será con cargo ao modificado de crédito que se eleva a pleno o próximo xoves.

O parque, accesible e sen barreiras, sitúase nun área de 1.070 m2 aproximadamente e conta con zonas de xogos dispostos sobre pavimento de caucho continuo divididas por un sendeiro de pedra que comunica co paseo fluvial.

O proxecto nace dunha mellora nos usos do parque. Na fase inicial estudáronse diversas alternativas que desembocan no proxecto actual que busca xerar un espazo para os máis pequenos, capaz de acoller actividade 365 días ao ano con independencia da meteoroloxía.

O novo espazo cuberto comprende as dúas zonas de xogo, limitándose estrictamente á zona dedicada ao xogo e o camiño de acceso ao hórreo que divide as dúas partes. O proxecto opta por unha solución a modo de estrutura textil composta por tres módulos conoidais que fusiónanse formando unha única bóveda que cubre a área.

Trátase dunha estrutura de acero de diámetros reducidos e por materiais de cubrición lixeiros e de máxima transparencia. Os técnicos indican que esta lámina non só é singularmente transparente, se non que ofece unhas extraordinarias prestacións térmicas o que minimiza o paso de raios infravermellos. Tamén é un material resistente á corrosión e aos raios ultravioleta o que redunda nunha extraordinaria durabilidade.