O parque do Chorís de Carballo pechado por melloras na zona axardinada

Cedida.

O parque do Chorís está pechado desde este mércores de xeito provisional, mentres se leven a cabo os traballos de mellora das zonas axardinadas. Por mor da necesidade de utilizar maquinaria pesada, e para evitar calquera risco para as persoas usuarias, sobre todo na zona de xogos infantís, a brigada municipal de xardíns procedeu ao peche completo do recinto mediante vallas de obra e sinalización. Os traballos consistirán na eliminación de arbustos, o acondicionamento do terreo, a instalación de rega, o sementado de céspede e a delimitación dos parterres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha