O parque eólico Banzas, que afecta aos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos, pasará pola Xustiza. É a entidade Ecoloxistas en Acción a que demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a grave afectación a humidais de gran valor natural.
A entidade xa presentara alegacións ao proxecto promovido Green Capital Power, pero a decisión da Xunta de aprobar a súa construción obrígaa a acodir ao TSXG. Consideran que ten un “severo impacto paisaxístico, sobre o medio natural e acústico, dado que o ruido das turbinas ubicadas cerca das viviendas supondrá unha merma importante na saúde e na calidade de vida da población afectada”.
Ademáis, a organización ecoloxista considera «un auténtico despropósito» que se aprobase este parque, dado que na mesma zona hai outros 10 proxectos eólicos en tramitación (entre eles Maragouto, San Cosmeiro, O Vao, Vaqueira, A costa, Alvite, AlviteI I, Troitomil, Vilartoxo..) e dous en funcionamiento (Serra de Outes e Corzán).
Ecoloxistas en Acción sinala que «esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparables consecuencias ao ecosistema da zona». Destacan que non se realizaron estudos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos nin evaluado os impactos sobre Red Natura 2000, a pesar das graves afeccións que carrexará a construcción do parque eólico as zonas húmidas de gran valor existentes na zona.