O parque eólico de Monte Neme podería crear serios problemas na TDT e outros servizos de telecomunicacións

3 minutes read
  • Os catro muíños proxectados ocuparán maioritariamente territorio carballés, severa complicación para os radioenlaces das telecomunicacións coa capital bergantiñá.

Investigadores do grupo de Microondas e Radar (GMR) da Universidade Politécnica de Madrid e da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) realizaron un estudo no que concluíron que os parques eólicos producen interferencias nos radares meteorolóxicos.
Así, aínda que o estudo recoñece como “indiscutibles as súas vantaxes en canto á produción de enerxía eléctrica limpa e renovable”, asegura que tamén producen “algúns efectos nocivos”, como os impactos sobre a paisaxe e sobre a migración das aves, así como o efecto dos aeroxeradores sobre os sistemas de radio, a televisión dixital terrestre ou os sistemas de radar dedicadas ao control do tráfico aéreo, a defensa ou a meteoroloxía.

Monte Neme é dende fai catro décadas, ademáis de outras moitas cousas, centro imprescindible para o correcto funcionamento de moitos aparellos electrónicos dos que coñecemos ou usamos día a día, directamente nun radio de acción que poderiamos definir dende A Laracha a Malpica, pasando por Ponteceso, Coristanco e por suposto Carballo. Este monte para compatibilizar eólicos con telecomunicacións ten o inconvinte engadido da súa cota, apenas supera os 350 metros no seu punto alto de radio, relativamente baixo se o comparamos coa convivencia destas infraestruturas noutros lugares como, Vimianzo, Cerceda ou Zas, que rondan ou superan con creces os cincocentos metros de altura.

Estes son algúns dos servizos de telecomunicacións fixos prestados dende o Monte Neme:

  • Radio FM -Todas-
  • Televisión TDT -Todas-
  • Banda ampla a numerosos colexios rurais de Carballo e A Laracha.
  • Banda ampla e control de seguridade de diferentes empresas, (Inditex, Carrefour, Celsa Atlantic).
  • Servizos de comunicación a forzas e corpos de seguridade, (Salvamento Marítimo, Policías Locais, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Ambulancias, Buscapersoas).
  • Telefonía móvil e internet rural de todas as compañías.
  • Sevizos públicos como casas da cultura, centros de saúde.

Os sinais analóxicos, como a radio en FM de toda a vida, serían os menos afectados debido a forma de propagación das súas ondas, pero os servizos dixitais, entre os que se atopa a TDT, e os radioenlaces punto a punto para entrelazar as diferentes comunicacións poderían verse seriamente interferidos.

En primeiro lugar, debido á altura que están acadando estes muíños do vento, que poden chegar a sobrepasar moi de largo os cen metros. En segundo lugar a lonxitude das súas aspas, que poden chegar aos cincuenta metros. E en terceiro lugar a velocidade de xiro, un estudo precisa que a velocidade na punta dun aspa pode exceder facilmente os 250 quilómetros por hora e que os distintos elementos do aspa desde o centro do rotor ata a súa punta, producen sinais que, pola súa estrutura, o radar confunde con precipitacións moi intensas que se moven a diferentes velocidades. De este modo, os radares advierten da presenza de precipitacións cando nen sequera está chovendo.

Os investigadores destacan tamén a relación entre a intensidade de choiva e os efectos dos parques eólicos, comprobándose que a interferencia se fai máis acusada para intensidades de choiva baixa ou moderada. Por iso, a investigación demostra que é “moi importante” estudar o emprazamento dos novos parques eólicos tendo en conta sistemas de radio potencialmente afectados (que poden situarse ata a 100 km de distancia segundo o estudo), e tamén desenvolver novos materiais que permitan que os aeroxeradores resulten “transparentes” a estes sistemas. Vistas as constantes modificacións entre os proxectos iniciais dos parques eólicos e os definitivos, cumprirá, como decimos, que a ubicación dos muíños conte co que se radía e non se ve, senón o problema podería ser maiúsculo.