A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou as Illas Cíes, que no mes agosto cubriu o cupo todos os días, onde explicou que a pesar de que este verán foi atípico, debido ao coronavirus e ás precaucións que se tiveron que adoptar por parte de todos -”un feito que modificou as pautas do turismo”, recordou- o Parque Nacional recibiu un total de 245.350 visitas entre os meses de xullo e agosto.
Segundo explicou a conselleira, o número de visitante descendeu un 16,6%, respecto do ano anterior, cando se rexistraron 294.200 persoas. A pesar desta cifra, son datos bos e positivos (dende o punto de vista turístico), xa que no contexto actual produciuse unha diminución importante do fluxo de visitantes, sobre todo de visitantes internacionais; polo que os meses de xullo e agosto predominou o turista nacional e rexional.
Recordou que as visitas ao Parque reanudáronse o 20 de xuño, pois en Semana Santa, o mes de maio e parte de Xuño, períodos tamén de gran afluencia de actividades escolares, estivo pechado por precaución para evitar o avance da Covid-19. Tendo en conta este escenario, o número de visitante no que vai de ano sitúase nos 263.527 visitantes.
Esta cifra é unha mostra de Galicia ten a sorte de ofrecer unha rica alternativa turística que permite realizar actividades ao aire libre, en espazos abertos e, polo tanto, con moitos puntos a favor neste contexto recente marcado polas precaucións sanitarias que todos debemos cumprir, manifestou a conselleira.