O Parque Ofimático da Coruña contará con vivendas sociais de alugueiro

1 minutes read
  • Desde o concello queren que o edificio teña un carácter interxeracional

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitou este venres a sede do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), onde se reuniu cos seus responsables para coñecer a súa opinión sobre o estado urbanístico da cidade e proxectos como o edificio social de alugueiro previsto no Parque Ofimático. Do bloque, o edil falou que queren que sexa emblemático, xa non desde o punto de vista arquitectónico, senón desde a funcionalidade para darlle un carácter interxeracional.

Recuperarase así mesmo o foro da edificación con presenza de todos os axentes implicados na construción na cidade, desde un enfoque adaptado ás liñas mestras da Axenda Urbana Española.

O concelleiro destacou o reforzo de Urbanismo en canto ás licenzas que xa está dando os seus froitos: «Iremos incorporando máis recursos progresivamente». Dos terreos da Maestranza, lembrou que o prazo legal remata o día 11 e que o Concello solicitou á Xunta unha ampliación da declaración BIC que «xa procede do ano 44 coa contorna das murallas e ese expediente xeraría unha suspensión de licenzas tamén». Mentres, falarán con Defensa para buscar unha situación que «nos convenzan no conxunto de equipamentos que ten o Ministerio na cidade».

Por último, Villoslada afirmou que se están cumprindo todos os compromisos que o Concello ten na mediación da sentenza do edificio Conde Fenosa.