O parque Rego da Balsa xa conta cunha nova carriola adaptada

1 minutes read
  • A empresa Dixardín fíxose cargo do custe da nova carriola, xa que a outra fora roubada

O parque Rego da Balsa en Carballo xa conta desde este xoves coa nova carriola adaptada que substituirá á que fora roubada fai un mes.

Dixardín, a empresa concesionaria do servizo de mantemento das zonas verdes municipais, fíxose cargo do custe do xogo, e operarios da Brigada Municipal de Obras encargáronse de colocalo no seu lugar.

Dixardín é un centro especial de emprego que conta cun 80% de traballadores con algún tipo de discapacidade, e quixo amosar deste xeito o seu compromiso social, xa que comparte do Concello de Carballo a necesidade de adaptar os espazos infantís ás diferentes necesidades dos nenos e nenas e a fomentar o xogo como peza fundamental no seu desenvolvemento.

No concello existen máis de corenta parques infantís certificados, e en breve haberá un novo espazo de xogos na parroquia de Artes.