O Partido dos Traballadores do Kurdistán reivindica o atentado suicida en Ankara

1 minutes read

O Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) aceptou a autoría do atentado suicida perpetrado este domingo na capital, Ankara, segundo un sitio web de noticias próximo ao grupo.

Nun comunicado o PKK asegura que a acción foi un «éxito» e acusa ao Goierno turco de «ocultar descaradamente» as perdas sufridas no atentado.Segundo a versión oficial, só morreron os dous atacantes, causando feridas menores a dous policías. 

«Un equipo da nosa Brigada dos Inmortais cometeu un acto de sacrificio contra o Ministerio do Interior turco», declarou o grupo armado á axencia de noticias ANF, próxima ao movemento kurdo.

O comunicado subliña que o atentado se cometeu o día da apertura do Parlamento (tras o receso de verán) e que, de querelo así os militantes, elixindo unha hora distinta, podería ter «resultados moi diferentes».