O Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) aceptou a autoría do atentado suicida perpetrado este domingo na capital, Ankara, segundo un sitio web de noticias próximo ao grupo.
Nun comunicado o PKK asegura que a acción foi un “éxito” e acusa ao Goierno turco de “ocultar descaradamente” as perdas sufridas no atentado.Segundo a versión oficial, só morreron os dous atacantes, causando feridas menores a dous policías.
“Un equipo da nosa Brigada dos Inmortais cometeu un acto de sacrificio contra o Ministerio do Interior turco”, declarou o grupo armado á axencia de noticias ANF, próxima ao movemento kurdo.
O comunicado subliña que o atentado se cometeu o día da apertura do Parlamento (tras o receso de verán) e que, de querelo así os militantes, elixindo unha hora distinta, podería ter “resultados moi diferentes”.