O representante do Partido Galego no concello de Carballo, José Luís Bardanca, emitiu un comunicado sobre unha moción que presentou no Concello, para que se inste á Deputación da Coruña (titular da estrada DP-1902) a proceder de inmediato a súa limpeza. Caso de non ser posible, chegar a un acordo coa mesma para realizar o Concello este servizo, cargando os custes a propia Deputación.
Ademáis pide que se elabore un proxecto de senda peonil e carril bici para a devandita estrada, dende Carballo ate Razo, introducindo esta obra como prioritaria nun plan de Obras da Deputación ou nun Plan Municipal propio.
Por último, demandan que se dote de alumeado público en todo o traxecto, para protexer a senda peonil e carril bici neste percorrido.
Destacan dende o Partido Galego que as súas demandas estiveron incluídas en diferentes programas electorais do BNG dende moitos anos atrás, pero que de momento o seu cumprimento nin está nin se lle espera, polo que demandan unha inmediata actuación do Goberno municipal.