O representante do Partido Galego en Carballo, José Luís Bardanca Rojo, emitiu un comunicado sobre unha moción/proposta que presentou no Concello de Carballo para que o goberno local tome medidas urxentes ao respecto.
Bardanca afirma que «os pasos de peóns carecen de luces específicas e incluso parte dos semáforos non funcionan por longos períodos de tempo debido a falta de reparación, motivo este polo que os pasos de peóns se converteron en puntos de alto risco tanto para os conductores que deben extremar medidas de precaución véndose con dificultade para garantír a seguridade necesaria, cos consecuentes riscos para eles e as aseguradoras, e por outra parte está a veciñanza que se xoga a vida nestes puntos perigosos como xa pasou en varios casos, onde houbo atropelos con feridos e algún falecido».
«Debemos evitar o evidente perigo que supón para conductores e sobre todo para transeuntes, a escasa ou nula visibilidade en zonas sen luz específica ao longo do ano, e nos meses de inverno con máis horas de noite ou con neboas onde ese risco se torna altamente perigoso».
dende o Partido Galego piden dotar de sistema de iluminación automática os pasos de peóns de todo o municipio, en particular e de forma urxente as rúas de máis incidencias: Avda. Finisterre, Avda. Ponte da Pedra e estrada de Razo (Avda. de Razo), así como a reparación e mantemento efectivo e inmediato, dos semáforos no seu conxunto.